“Mocidade sen futuro” – José Manuel Pena

05 Febreiro 2024

A metade dos mozos, en España, están en paro. Moitos deles viven sen prestacións e dependen economicamente das súas familias, renunciando a unha vida independente. O peor é que, a maioría deses mozos, recoñecen que os seus fillos, se os teñen, vivirán peor que eles. Esta situación, que dura xa bastante tempo, colapsa os aeroportos e as estacións de tren coa trasfega de maletas de mozos obrigados a emigrar en busca de oportunidades. Nos últimos anos, máis de 300.000 mozos, emigraron do noso país.

As anécdotas e historias dos nosos pais e avós, sobre a emigración, volven traer á realidade actual sobre o negro futuro dos nosos mozos que se marchan, a maioría deles, cun billete de ida e volta. Saben, e víveno nas súas propias carnes, que tampouco é garantía algunha o emigrar, porque algúns traballos que lles ofrecen son precarios e inestables, con salarios moi baixos. Atópanse con moitos problemas, entre outros o de que son estranxeiros, en países occidentais que protexen aos seus cidadáns en detrimento do resto, vulnerando a legalidade internacional.

Moitos novos, ao contrario que a emigración dos anos cincuenta e sesenta, márchanse sen un contrato de traballo ou oferta de emprego. Ante a desesperación de estar varios anos no paro e sen percibir prestacións en España, queren chegar ao país e tratar de buscarse a vida. Universitarios e mozos preparados que se teñen que dedicar a vender pizzas, limpar escaleiras ou servir en calquera domicilio particular para poder pagarse un lugar no que pernoitar.

Que o noso gobernante e políticos en xeral non están á altura das circunstancias xa non é nada novo. Pero seguen pelexándose entre eles, pola loita polo poder, sen tomar medidas para xerar máis políticas sociais sobre vivenda, sanidade, educación, pensións e emprego que ofrezan as mesmas oportunidades para as futuras xeracións. O país que non pode acoller e garantir os servizos básicos e fundamentais a todos os seus cidadáns é un país inxusto e insolidario. Os nosos mozos non teñen culpa algunha da corrupción, do caciquismo, do enriquecemento ilícito e demais improperios que se consentiron durante tantas décadas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...