“Galicia decide”. 18 febreiro eleccións Autonómicas

18 Febreiro 2024

2,2 millóns de galegos están chamados este domingo a votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia en preto de 4.000 mesas repartidas por arredor de 2.400 locais electorais.

O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).  

O electorado contará con preto de 41 millóns de papeletas e máis de 4 millóns de sobres de votación. Durante a xornada electoral, tamén foron designados para toda Galicia 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

E lembrar que está xa dispoñible para descarga a aplicación móbil das eleccións, así como a páxina web  https://resultados2024.xunta.gal, nas que se poderán seguir en tempo real as comparecencias de prensa, así como os datos de participación e o avance en directo do escrutinio a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concello, incluíndo comparativas coas eleccións do 2020.

Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web  https://eleccionsgalicia2024.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

92.278 votantes están chamados ás urnas este domingo na comarca

Nas comarcas da Barbanza e Muros- Noia están chamados a participar un total de 92.278 persoas nos dez concellos que o integran.

Os datos sobre cidadáns con dereito a voto nestas eleccións autonómicas correspóndense co censo pechado ao 1 de outubro do ano pasado.

Segundo os datos que manexa o Instituto Nacional de Estatística (INE), a cifra de electores a 1 de outubro data de peche do censo increméntase no conxunto da comarca en 184 persoas con respecto ás anteriores eleccións xerais.

Como é habitual Ribeira é concello con máis votantes e sobe nun cento os electores con respecto á convocatoria das xerais. O segundo posto do ranking ocúpao Boiro, con 94 máis, e pecha o podio A Pobra, onde este domingo poderán depositar o seu voto nas urnas un total de 7.852 persoas, 44 máis que o pasado verán.

Pola contra Outes perdeu uns vinte electores, unha cifra similar á de Muros, que ten 18 menos, mentres que en Lousame e Rianxo as persoas con dereito a voto son unha ducia menos que en xullo. Mazaricos, é o que é o máis votantes perde con 37 menos votantes.

Censo de votantes da comarca de Barbanza e Muros e Noia:

Ribeira  21.780 ; A Pobra 7.852 ; Boiro: 15.745; Rianxo  9.277.

Porto do Son 7.736 ; Muros 7.202; Noia 11.844;  Outes 5.373; Carnota  3.414;  Lousame 2.755.

Outros artigos

Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde. As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.