Organizado por “O Barbanza” este sábado 17, A Pobra acolle un roteiro impartido por Antonio González Millán e o Xaquín del Valle-Inclán

15 Febreiro 2024

O xornal dixital “obarbanza.gal” e AMEGA, Asociación de Medios en Galego, organiza este sábado un roteiro na Pobra do Caramiñal que será público e de balde será impartido por Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

O roteiro arrancará ás 11 da mañá na Torre dos Valle Bermúdez e rematará no Pazo do Couto tralas ponencias.

A Pobra do Caramiñal: Vila literaria de Galicia

Horario:

11:00 h. Visita á Torre dos Valle Bermúdez, declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional e ó Museo Valle-Inclán decano do país. Intervención de Antonio González Millán – Director da institución.

11:30 h. Ponencia: “Ramón del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal”
Intervención de Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

12:00 h. Roteiro biográfico “Ronsel de xenialidades: Valle-Inclán e García Martí, de Galicia ás letras internacionais”. VV.AA. percorrido comentado por lugares vividos ou recreados nos seus textos.

13:00 h. Visita comentada ao Pazo do Couto, no núcleo histórico do Castelo. Intervención de Antonio González Millán – Especialista en Historia e Arte de Galicia e en Museoloxía.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...