Este domingo de Entroido as Brigadas Deseucaliptizadoras organizan en Froxán (Lousame) unha nova plantación de frondosas

06 Febreiro 2024

O próximo 11 de febreiro vaise celebrar unha nova plantación de árbores frondosas en Froxán, Lousame, ademais dunha degustación de filloas. Organizan as Brigadas Deseucaliptizadoras da Asociación Verdegaia, que indican indican que “plantaremos varios centos de castiñeiros, pradairos, sobreiras, ameneiros e freixos no Chán de Avelán”, nunha zona na que as Brigadas xa erradicaron o eucalipto e acacia en 2023 e que foi adquirida pola Fundación Montescola co apoio da Deputación da Coruña para a súa rexeneración ambiental e conservación.

A xornada comezará ás 9:30 e será de libre participación (recoméndase levar roupa axeitada). Na xeira de traballo darase continuidade aos traballos de recuperación da Taberna da Revolta Nova, futuro punto de encontro das Brigadas. O punto de encontro será o estacionamento do “Cuartel da Revolta” no Chán de Avelán, onde se pode chegar seguindo as indicacións ao Museu Mineiro San Finx.

Para participar é necesario estar inscrito previamente como Brigadista.

A actuación das Brigadas nun novo artigo de investigación libro Wattles: Australian Acacia species around the world

A publicación Wattle: Australian Acacia Species Around the World lanzada en 2023 e dirixida por David M. Richardson, Johannes J. Le Roux, e Elizabete Marchante recolle o artigo Management of Invasive Australian Acacia Species: Contributions from Citizen Science, Volunteer Groups and Public Awareness Raising da autoría de Hélia Marchante, Nolwethu Jubase-Tshali, Aníbal Pauchard, David M. Richardson, e Elizabete Marchante.

O libro ofrece unha visión xeral do coñecemento actual sobre máis de 1000 especies de árbores e arbustos do xénero Acacia, a maioría nativas de Australia. Examina a bioloxía, a ecoloxía, a evolución e a bioxeografía das acacias nas súas áreas nativas, incluíndo as forzas evolutivas que impulsaron a especiación e a adaptación pasadas a diversos ambientes, o estado de conservación, os usos e as percepcións humanas destas especies.

A publicación considera diferentes historias de introducións e proliferación como especies exóticas en diferentes partes do mundo desde 1850, situados dentro de contextos políticos, socioeconómicos e científicos relevantes, xunto cunha análise de como cambiou a conciencia dos seus impactos como especies invasoras ao longo do tempo. Revísanse as diferenzas nas dinámicas e tendencias asociadas á introdución, naturalización e invasión en diferentes partes do mundo. O libro tamén sintetiza a distribución global das acacias utilizando diversas fontes de datos, xunto con tendencias, patróns e proxeccións dos usos globais das especies de acacias. Analiza a xenética, as interaccións bióticas e os impactos ecolóxicos, económicos e sociais das acacias invasoras.

O artigo en concreto recolle traballos de ciencia cidadá, traballo de sensibilización realizada por entidades públicas e voluntariado sobre a xestión de especies do xénero Acacia. Cita o proxecto de intervención organizado por Verdegaia desde 2018 coa posta en marcha das Brigadas Deseucaliptazadoras e Desacaciadoras como intervención cívica en áreas forestais de alto risco de incendio co control de especies exóticas invasoras como as acacias.

Podemos ler o artigo completo nesta ligazón.

Outros artigos

Sábado seguen as choivas mais intensa de madrugada

O sábado Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca que se moverá polo noroeste, preto da nosa Comunidade. Unha situación que traerá chuvias, máis persistentes e intensas durante a mañá. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...