As homenaxes a Rosalía na Pobra arrincarán este venres no Teatro Cinema Elma

22 Febreiro 2024

No 23 de febreiro realizaranse en todo o territorio galego numerosos actos de lembranza e homenaxe a Rosalía de Castro. Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal conmemora esta data e na xornada de mañá desenvolveranse as actividades centrais da axenda deseñada pola Concellaría da Cultura.

Ás 13.00 horas realizarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, coa lectura dun manifesto e o repartimento do Caldo de Groria entre as persoas asistentes.

Con anterioridade, ás 12.00 horas, estará no Teatro Cine Elma o grupo de música tradicional Xiada e ofrecerase unha lectura e interpretación de poemas a cargo de alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra e parte de alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras. En caso de mellora das condicións meteorolóxicas, as actividades previstas no Elma trasladaranse á referida praza.

A maiores, cómpre lembrar que a Administración local impulsou outras accións arredor desta data dirixidas ás crianzas, como, por exemplo, o xogo-concurso As Sete Rosalías.

Outros artigos

Domingo 9, ceos cubertos e chuvias

Este domingo, Santa Polonia, o país situarase nunha área intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que achegarán moita humidade. Como consecuencia, espérase unha xornada de ceos cubertos e precipitacións de pouca intensidade, que poderán...

+

O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño. A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión