“A UE decide obrigas e obxectivos contra os danos ambientais en terra e no mar”. Antón Luaces

29 Febreiro 2024

A Lei de Restauración da Natureza aprobada no Parlamento Europeo por 329 votos, 275 en contra e 24 abstencións, evidenciou a desconexión existente entre os membros da Eurocámara a este respecto, con aplausos e vítores dende as bancadas de socialistas e verdes e absoluto silencio dos deputados de dereitas.

A Lei, malia todo, segue o seu trámite e agora serán os membros do Consello os que a leven a una votación final antes de que entre en vigor.

A Lei de Restauración da Natureza é unha norma que tenta rehabilitar cando menos o 20% das zonas terrestres e o 30% das mariñas da UE para 2030 e todos os ecosistemas degradados para 2050.

Estabelece obrigas e obxectivos para reverter gradualmente os danos ambientais  causados polo cambio climático e a actividade humana descontrolada. Oficialmente, a súa finalidade é reparar o 80% dos hábitats europeos en mal estado e devolver a natureza a todos os ecosistemas, dende os bosques e as terras agrícolas ata os ecosistemas mariños, de auga doce e urbanos.

Para esto, os Estados membros deben poñer en marcha un Plan Nacional de Recupración da Natureza que estableza as medidas de restauración necesarias para cumprir os obxectivos previstos, distinguindo entre ecosistemas mariños, urbanos, fluviais, poboacións de polinizadores, agrícolas e forestais.

Branco dunha feroz campaña de oposición perpetrada por partifos conservadores, os argumentos foron rebatidos por grupos de esquerda, a Comisión Europea, ONG, científicos do clima, a industria de renovables e grandes empresas, que insistiron en que o obxectivo de restaurar a natureza era compatible coa actividade económica e esencial para garantir a viabilidade a longo prazo dos solos europeos.

As protestas dos agricultores -aos que se sumaron  en España os pescadores- revitalizaron a lei , que pasou do segundo plano ao que fora relegada a situarse no centro da tormenta política e chegar, deste xeito, a este paso que na actualidade semella decisivo.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.