A Deputación achega 125.000 euros a nove concellos do Barbanza para a contratación de persoal técnico deportivo

20 Febreiro 2024

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia do 16 de febreiro a concesión provisional das axudas da área de Deportes para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia.

Neste 2024, a Deputación destina 904.400 euros para financiar este programa, que permitirá a 67 concellos da provincia, incluídos 9 da nosa comarca (con 125.000 euros en total), contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos.

A Deputación financia ata o 80% dos custos salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Comarca do Barbanza

CONCELLOACHEGA
A Pobra do Caramiñal15.000
Boiro15.000
Carnota15.000
Lousame15.000
Mazaricos15.000
Outes10.000
Porto do Son10.000
Rianxo15.000
Ribeira15.000
Total125.000

Outros artigos

Mércores 11, nubes e claros e temperaturas sen cambios

O mércores comezará con bancos de néboa e nubes baixas, especialmente persistentes nas provincias de Lugo e Ourense. Co avance do día, os ceos estarán parcialmente cubertos. No norte da provincia de Lugo, prevese a posibilidade de chuvascos ao longo de toda a xornada....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...