A patronal boirense (ABE) puxo en marcha este luns 5 de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín, que se celebra o vindeiro 14 de marzo, co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados. Desta volta os premios consisten nun agasallo de 100€ para utilizar en roupa, perfumes, calzado, material deportivo, libros, restauración, tratamentos de beleza, flores, masaxes ou en calquera dos miles de produtos que ofrecen as 202 empresas asociadas a ABE.
Para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre o 5 e o 17 de febreiro e o sorteo realizarase o 19 de febreiro.
A patronal lembra que os tíckets que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos ABE para cambiar por agasallos do catálogo.
Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.




