Morreu Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia

13 Febreiro 2024

Morreu Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia, Medalla Castelao e Fillo predilecto de Paradela

Esta madrugada faleceu en Lugo Xesús Mato Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia, Medalla Castelao e Fillo Predilecto do Concello de Paradela. Cumprira 91 anos o pasado outubro.

Crego e musicólogo desenvolveu un moi importante labor investigador e de recompilación de música tradicional galega, escribiu o poema “Fuxan os ventos”, púxolle música e impulsou o grupo musical que logo levou ese nome e entrou na historia da música deste país, como despois tamén animou o nacemento do grupo “A Quenlla”. Creou coros xuvenís, dirixiu a Schola Cantorum do Seminario de Lugo e o Orfeón Lucense.

Foi crego en Lalín onde fundou a Polifónica e a emisora de radio. En Radio Popular de Lugo foi asesor relixioso, creador das misas en galego pola radio, e director de programas relixiosos e sociais. Colaborou en El Progreso, La Voz de Galicia e Galicia Digital con artigos de temas socio-relixiosos e sobre o Camiño de Santiago.

Durante un cuarto de século atendeu parroquias da montaña lucense, onde recibiu unha homenaxe multitudinaria dos seus fregueses. Lucense do Ano, homenaxeado pola Cruz Vermella de Sarria e galardoado cos Premios María Castaña e Moncho Valcárce, o Orfeón Lucense impúxolle a insignia de ouro e o seu concello natal, Paradela, nomeouno Fillo Predilecto. Obtivo a primeira Medalla Castelao concedida por petición popular, co apoio de máis de dúas mil cincocentas persoas e institucións. Máis dun cento de amigos participaron en cadanseu libro homenaxe cando cumpriu os 75 e os 90 anos de idade.

A capela ardente está instalada no Tanatorio de Paradela, de onde partirá a comitiva fúnebre mañá, mércores, ás cinco da tarde, ata a igrexa de San Nicolás de Portomarín onde, á chegada, se celebrará o funeral e, a continuación, a condución ao Cemiterio Municipal para ser soterrado no panteón familiar.

Outros artigos

Martes con nubes e claros

As altas presións irán entrando de xeito progresivo durante esta xornada, de xeito que a estabilidade irá en aumento, o que deixará un día de ceo parcialmente nubrado, con apertura de grandes claros pola tarde. As temperaturas non terán cambios significativos. Os...

+

Presentados os novos párrocos no Barbanza

Este domingo o arcebispo de Santiago procedeu a presentar ós novos párrocos e moderadores das parroquias do Araño, Isorna, Taragoña, Fruime, Boiro, Abanqueiro, Bealo, Cabo de Cruz, Cespón , Cures e Macenda. O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

Bienaventurado el que tiene una oportunidad y la aprovecha, es lo que debiópensar Juan Carlos Unzué, ex guardameta de Osasuna, Barça, Tenerife ySevilla, cuando en una jornada organizada en el Congreso de los Diputadossobre la ELA (enfermedad que le diagnosticaron en...