80 estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo visitaron a planta de JEALSA ao abeiro do programa Empresa Familiar nas Aulas

07 Febreiro 2024
BOIRO (A CORUÑA) 070224. PROGRAMA AGEF EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS. VISITA ALUMNOS IES RIANXO A INSTALACIONES JEALSA.

Oitenta rapaces do instituto Félix Muriel de Rianxo coñeceron este 7 de febreiro as claves do funcionamento e da actividade diaria da conserveira JEALSA. Foi grazas a unha visita á planta da empresa en Bodión, Boiro, onde os estudantes foron guiados polos directivos da compañía. A visita abeirouse ao programa Empresa Familiar nas Aulas, impulsado por Afundación Obra Social Abanca e a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF). A iniciativa percorre este ano 18 das principais empresas galegas.

Na súa visita dos estudantes a JEALSA (unha das máis sobranceiras empresas do sector, con 4.000 profesionais dos cales 2.500 son empregos en Galicia), o presidente do grupo, Jesús Alonso Escurís, indicou que a súa compañía contrata anualmente 50 persoas, fundamentalmente mozas e mozos de elevada formación e con dispoñibilidade para moverse. “As empresas familiares temos raíces e preocupámonos por crear riqueza na contorna onde nacemos”, sinalou diante dos 80 alumnos de ESO, bacharelato e FP do Instituto de Rianxo.

Como dixemos, a empresa e o IES Félix Muriel participan no programa Empresa familiar nas Aulas, organizado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación Obra Social Abanca, que ten por obxectivo fomentar a formación e o emprendemento entre os mozos galegos. Jesús Alonso subliñou a importancia da formación para comezar unha carreira profesional, tanto no camiño do emprego asalariado como no do emprendemento.

Empresa Familiar nas Aulas achega os principais empresarios galegos aos colexios e institutos de toda Galicia, coa participación de máis de 2.500 estudantes e 30 empresarios galegos de primeiro nivel. As mozas e mozos galegos xa teñen elaborado e presentado 18 proxectos empresariais co obxectivo de emprender novos negocios.

“Aprendín do meu pai que a prioridade dunha empresa é a supervivencia. As empresas familiares galegas vivimos aquí e contratamos aquí, como a nosa, dende 1958”, explicou o presidente de JEALSA. A firma galega é hoxe unha corporación formada por 27 sociedades integradas en 3 divisións de negocio (alimentación, valorización e enerxía). Ademais, produce 1.500 millóns de latas de conservas anuais, un 45% de toda a produción conserveira española de peixes e mariscos. O grupo está experimentando tamén un forte crecemento na súa división de Valorización, coa fabricación de alimentos para mascotas e produtos para cosmética e farmacia a partir dos descartes e restos da alimentación humana.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...