“18F, unha festa” – Xulio Xiz

15 Febreiro 2024

Afeitos a santificar as festas, convertemos celebracións efémeras en festas de gardar, e adoitamos bautizalas coa cifra do día e a letra do mes, de xeito que agora mesmo o 18F, o próximo domingo, vai ser día de gloria para os que a votación lle sexa propicia e de pranto e renxer de dentes para os que lles peche a porta.

Axiña esqueceremos o 18F como moi lonxe queda xa o 23X, no que votamos coas calores do verán, pero as datas previas teñen remexido ánimos e conciencias, coas campás políticas tocando a rebato – sinal de alarma diante dun perigo – para afrontar a batalla que, como case todas, é a morte.

Como moitas das nosas romarías, os festeiros veñen de lonxe, romeiros peregrinos que queren amosar a devoción polo santo patrón, impetrando a súa graza. E pasan altos cargos que devalúan o seu papel gobernante disfrazándose por un día de humildes nas distancias curtas, sen saber ou sabendo que o que aquí impresionou sempre foi a Santa Compaña.

Coido que á nosa xente non lle fai falla incursión foránea para amañar a comunidade que está tranquila na esquina que a natureza lle asignou, valéndose en por si, a menos que se nos queira poñer de manifesto que estariamos mellor se tiveramos algo con que extorsionar e o noso polgar político – arriba ou abaixo – tivera vital poder decisorio.

Hai tempo aos nenos dicíasenos, á hora de escoller cores, vestidos ou galanos que elixiramos o que máis rabia nos dera. Ben sabiamos que esa rabia era unha especial metáfora. Estes días chegan ás nosas casas sobres de todas as cores para brindar na próxima celebración. Votade polo que “máis rabia” vos dea. Porque vai ser unha festa.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.