Unha vintena de persoas aprenden idiomas no grupo de intercambios lingüísticos do Concello de Boiro

16 Xaneiro 2024

O alcalde, José Ramón Romero, xunto coa concelleira de Ensino, Carmen Silva, visitaron este luns 15 de xaneiro ás persoas participantes no grupo de intercambios lingüísticos do Concello de Boiro. A iniciativa ten como finalidade fomentar que as persoas participantes compartan coñecementos sobre a lingua e a cultura dos países de procedencia das persoas asistentes.

O grupo, integrado por 20 persoas, divídese á súa vez en pequenos grupos en función das preferencias de aprendizaxe de cada persoa. “É unha experiencia moi enriquecedora que permite non so familiarizarse cunha lingua senón compartir experiencias e intereses con persoas de procedencias moi distintas”, recoñeceu o alcalde.

A proposta xurdiu dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que buscaban aprender galego e español ademais de compartir a súa lingua con aquelas persoas que desexan reforzar, practicar ou aprender outros idiomas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.