“Resposta axeitadamente a Xunta á súa responsabilidade medioambiental mariña?” – Antón Luaces

24 Xaneiro 2024

A Lei 4/2023 de 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) 133 do 13 de xullo do mesmo ano, asinada por Alfonso Rueda, presidente autonómico galego, outorga facultades executivas ou de xestión en materia de protección medioambiental a Galicia. 

Non se especifica se estas responsabilidades sobrevidas dunha vertedura de pélets ao mar en augas atlánticas fronte á localidade portuguesa de Viana do  Castelo, implican ao goberno autonómico. Máis as normas constitucionais (artigos 148.1.9 e  149.1.23 CE) e estatutarias deixan claro que “sen lugar a dúbidas” as facultades executivas ou de xestión en materia de medio ambiente “corresponden ás comunidades autónomas” e “non ao Estado (SSTC 149/1991 e 329/1993)”.

O litoral galego ten que dispor dunha norma que ofreza instrumentos dabondo e axeitados que permitan un desenvolvemento sostible, polo que a tarefa é abordada co acompañamento dun estado de opinión que, sinala a devandita Lei, “dificilmente ten volta atrás: o convencemento de que Galicia pode e debe asumir o protagonismo que lle corresponde na ordenación e xestión dun dos espazos máis significativos e identitarios, o litoral”.

Como principios da ordenación do litoral, sinálanse a precaución ou  cautela, prevención, non regresión, quen contamina paga, etc., e tense en conta a colaboración e cooperación, a coordinación, o enfoque ecosistémico, a xestión integrada do litoral, a participación e o apoio científico e os saberes tradicionais. Deixando patente que “a Comunidade Autónoma de Galicia velará porque se manteñan os obxectivos de calidade e ambientais das augas interiores e costeiras do litoral cando podan ser afectadas por vertidos”. 

Son aspectos que contempla a xa citada Lei.

Só a perda dun colector con  pélets que transportaba o buque liberiano Toconao trouxo á costa galega centos de sacos con ese granulado que, cientificamente, se afirma que non  son tan prexudiciais como moitos nos temiamos en principio. Era -é- a Xunta a responsable de manter a calidade ambiental da costa ou, como o propio goberno autonómico afirma, esa responsabilidade corresponde ao goberno central?.

As competencias en materia de ordenación e xestión integrada ao litoral semellan non ser alleas á Xunta. E, menos aínda, á Consellería de Medio Ambiente, responsable da “adopción das medidas de protección do medio ambiente litoral, con  especial atención aos ecosistemas de maior fraxilidade”. 

Nun caso como este dos pélets nada se sabe do papel desenvolvido por unha institución como é o Foro do Litoral de Galicia, cuxa intervención pode considerarse obvia. Nada que dicir?.

O sector marítimo-pesqueiro galego é un dos máis importantes de Europa. Emprega ao 50% do sector en España e concentra unha parte importante dos ingresos das empresas galegas en instalacións situadas na costa. 

As actividades relacionadas cos sectores  marítimos son un dos sinais  de identidade de Galicia e xeran un rico patrimonio material e inmaterial  dende as Rías Baixas ata a Mariña lucense, pasando polas Rías Altas e a Costa da Morte. Ten Galicia o litoral máis longo de toda España: 2.555 quilómetros (1.659 no seu perímetro costeiro, e 432 quilómetros que rodean os seus centos de illas e illotes, máis os 464 das súas marismas e areais. Un espazo que non se libra de verteduras contaminantes ben por sentinazos de buques con mandos irresponsables a bordo,  cando non por accidentes rexistrados en augas de seu, nacionais ou internacionais con repercusións absolutamente negativas para o sector marítimo-pesqueiro e, naturalmente, para unha cidadanía cansa de reclamar atención para un medio fundamental na súa existencia.

Nunca máis?…

…

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.