Os socialistas piden a Europa apoio para a restauración dos danos causados polos granulados plásticos do “Toconao”

18 Xaneiro 2024

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares reuniuse co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, para pedirlle “mellor coordinación europea para afrontar a crise ambiental ocasionada polos granulados plásticos vertidos polo buque Toconao e apoio para a restauración dos danos que provocaron sobre os ecosistemas”. Ademais, defendeu a necesidade de “estender o regulamento contra a contaminación por pélets ao comercio marítimo internacional e establecer a xeolocalización obrigatoria de contedores para axudar á xestión en caso de accidente”.

González Casares denunciou o que cualificou de “marea de incompetencia, ocultación e mentiras por parte do Goberno autonómico, do goberno do PP, que se pasou semanas negando a importancia dunha contaminación, e cuxa nefasta xestión deixou a concellos e cidadáns á súa sorte nas tarefas de limpeza”.

O eurodeputado socialista lembrou tamén que “mentres Rueda negou a realidade durante un mes e ata hai uns días non pisou un areal”, o candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, “foi o primeiro en achegarse ás praias e comprobar en persoa o desastre ambiental que había”. Así mesmo, puxo en valor “que o socialista mantivo unha reunión de coordinación cos alcaldes e alcaldesas dos municipios afectados, o que debería ter feito a Xunta dende o primeiro día”, apuntou.

Ademais, sinalou que os granuldaos son “un serio risco para a saúde e o medio ambiente, que hai que combater, como fan a Comisión e o Goberno de España”. Por iso, insistiu na necesidade dunha lexislación europea “reforzada e ambiciosa, como a que propuxemos os socialistas no Parlamento Europeo”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...