“Os mal chamados políticos, non son políticos” – Manuel Domínguez

17 Xaneiro 2024

Os mal chamados políticos, non son políticos.

Explicareime.

Adóitase chamar político a calquera cidadán que este sentado no escano, é dicir un estudante, un avogado ou un fontaneiro que estea no parlamento xa lle chamamos político.

Exemplo: Irene Montero finalizou estudos de Psicoloxía, logo entre 2010 e 2011 traballo de caixeira nunha empresa de electrónica, nomeada ministra de Igualdade, logro coa súa lei saísen do cárcere mil violadores e outros presos, iso é política?

Angela Rodríguez coñecida como Pam, secretaria de Estado, o seu labor, o labor dos secretarios de Estado, é preparar, organizar, puír o que será o consello de ministros. Ela estudo na USC Filosofía, coñecida por defender nunha madrugada de marcha aos seus amigos que se dedicaban a romper retrovisores de todos os coches que se atopaban. Enfrontouse nunha candidatura a Carmen Santos, que gañou a secretaria de Podemos, en lugar de felicitala pola vitoria como é habitual, chamoulle “puta coxa”. Trala aprobación da lei do “só si é si”, Rodríguez foi acusada de mofarse en público da rebaixa de condenas aos violadores. Ángela Rodríguez apostilou que os homes “non necesitan o rexistro civil para ser violadores. Son violadores, e desgraciadamente no noso país sono bastante”. Pam considera escandaloso que as mozas prefiran a penetración a masturbarse. Do seu traballo como camareira non podo opinar, non sei que tal profesional era, saltar da barra dun bar, a unha secretaria de Estado, pois iso. No seu descargo direi que comprendo tamaña estupidez, ela pola súa dobre condición, intelectualmente falando, non coñeceu home, a súa estupidez non faría máis que aumentar a produción de plásticos, e acabaríase a vida na terra.

Foi aia e camareira… Coidar nenos deulle dotes para aguantar mellor, con máis paciencia, a certos parlamentarios?

“Non. Diría que moito máis ser camareira [ri]. Creo que aguantar doce horas na barra dun bar poñendo copas a tíos bébedos parécese moito máis á sensación que che produce aguantar certas cousas no Congreso. Ademais, por unha opción persoal, son bisexual, estiven preto do movemento queer“.

O que natura non dá Salamanca non presta.

Entón quen é político?

Político é aquela persoa que, sen estar no parlamento, foi delegado de curso en clase, foi representante dos estudantes na universidade, foi participe na asociación de veciños, foi delegado de cultura nun centro social, publica cartas na prensa denunciando anomalías, participa en conferencias expoñendo o seu pensamento, dá a coñecer en medios escritos ou non escritos o seu pensamento crítico, participa en asuntos sociais, iso é facer política.

Quen non tivo unha vida así, non é político por moito que quente as pousadeiras no parlamento.

Un ano no parlamento, 10 de avogado, ou de electricista, ou do que sexa mester, non fan dun político.

Logo vén o triste, algo do que carecemos.

Un político pensa nas próximas eleccións, un estadista nas próximas xeracións.

Pódese exercer política fóra do parlamento, e pódese influír en decisións políticas, coñecendo o método.

“Cheguei á conclusión de que a política é demasiado seria para deixala en mans dos políticos”. Charles de Gaulle, primeiro ministro de Francia entre 1944 e 1946.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.