Os colectores laranxas da Pobra rexistraron no total 5.203’5 quilogramos de aceite doméstico en 2023

19 Xaneiro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal atópase facendo o balance do resultado das actuacións en materia de xestión de residuos executadas durante o pasado ano. No caso do aceite doméstico, depositáronse, no total, 5.203’5 quilogramos; unha cifra que segundo informa o Concello medrou lixeiramente con relación a 2022, cando se acadaron os 4.995 quilogramos.

Con relación a estes datos, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, apunta que a reciclaxe deste líquido graxo evitou a contaminación de 5.723’3 litros de auga, por non se desbotar polos sumidoiros. A maiores, debido a que o seu destino final é o aproveitamento para a produción de biocarburante, xerou un aforro de 15’6 toneladas das emisións do CO².

Tamén explica que A Pobra do Caramiñal conta cos característicos colectores laranxas repartidos por diferentes puntos do termo municipal: dezaseis na vía pública (un máis ca no anterior exercicio, coa colocación do de Santo Isidro) e un situado na praza de abastos. A entrega débese efectuar en recipientes de plástico para evitar que se produzan verteduras.

Á cabeza da lista do depósito de aceite atópase o do aparcadoiro do recheo, con 765 quilogramos; vai seguido do da zona verde da rúa Barrantes, da urbanización O Lagar, con 610; do da rúa do Curraliño, na esquina da casa da cultura Raquel Fernández Soler, con 585; do do lugar de Caíños, fronte ó bar O Campiño, con 410; do do lugar da Covecha, fronte ás pistas de tenis, con 340; do do lugar da Virxe do Monte, xunto á capela, con 310; do do lugar da Costa, fronte á panadaría O Forno do Maño, con 305; segue o da zona verde da rúa Lamas e Andrés, con 250; o da rúa Venecia, xunto á pista deportiva, con 240; o do acceso ó paseo dos Areos pola rúa de Venecia, con 225; o do parque do Castelo, fronte ó bar O Facho, con 225; o da explanada da Pedreira, no Camiño Ancho, con 190; o da rúa da Angustia, xunto a Muebles Lijó, con 185; o da Ribeiriña, xunto á marquesiña do bus, con 170; o da estrada de Lesón, xunto ós contedores amarelo e azul, con 165; e o de Santo Isidro, con 150. A maiores, 78’5 quilogramos correspóndense co da praza de abastos.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...