O senador ribeirense, Manuel Ruíz, lamenta a falta de concreción do Goberno central sobre as necesidades da comisaría local

29 Xaneiro 2024

A través da formulación de seis preguntas, o senador Manuel Ruiz Rivas dirixiuse ao Goberno estatal para interesarse por diferentes necesidades da Comisaría de Policía Nacional de Ribeira, sinaladamente en relación co seu persoal e coas previsións existentes sobre o aumento do seu catálogo dos postos de traballos. Sen embargo, sinalou que ” lonxe de resultar satisfactorias, as respostas recibidas están inzadas de evasivas e adolecen de falta de concreción, sen amosar ningún indicio de que se vaian reforzar unhas dependencias e un grupo de profesionais que resultan indispensables para garantir a seguridade do municipio e a convivencia cidadá”.

Así, na primeira das referidas preguntas parlamentarias, Ruiz Rivas lembrou que o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurou durante a inauguración da comisaría en abril de 2022 que se dotaría dos medios humanos e materiais necesarios, de forma acorde coas demandas do Concello, as forzas sociais da localidade e dos propios sindicatos policiais en canto á necesidade de ampliar o catálogo de postos de traballo, que, cun número de efectivos que rolda os 50, resulta insuficiente para cumprir coas súas obrigacións nun territorio de mais de 60 Km2.

Outra das cuestións alude a se o Goberno é coñecedor da grave situación de menudeo de drogas en Ribeira e da necesidade de crear un grupo específico de menudeo, á vista de que calquera operación antidroga, por pequena que sexa, esixe un bo número de axentes e moito tempo e dedicación para levalas a cabo.

Ruiz Rivas tamén incidiu noutros aspectos, como “a necesidade de contar cun grupo de estranxeiría de polo menos 3 axentes a tenor do importante tráfico comercial que rexistra o porto de Ribeira, onde moitos dos buques que entran veñen de países e con bandeiras estranxeiras”. Así mesmo, sinalou que a Comisaría conta cun único funcionario que se ocupa simultaneamente dos
servizos de Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán (ODAC), seguridade e custodia de detidos, preguntando se, cunha única persoa para os tres servizos, se está en disposición de cumprir a instrución 4/2018 sobre comunicación entre detidos con obxecto de garantir a integridade física e evitar posibles autolesiones e agresións.

Manuel Ruiz interesouse ademais polas expectativas de ampliar o grupo de policía científica, composto por un subinspector e dous policías para cubrir as 24 horas dos 365 días do ano; e de dotar aos policías da Comisaría de material indispensable (casco e escudos) para facer fronte aos delitos de lesións e rifas tumultuarias (un total de 17 tan só no último semestre do ano pasado)
Sen embargo, nas respostas recibidas non se evidencia ningunha intención de ampliar a plantilla nin o catálogo de postos de traballo, demorándose en xeneralidades e arroxando cifras referidas tan só á evolución da plantilla da Xefatura Superior de Policía da Coruña.

Sobre o número de efectivos destinados a labores de Policía Científica, sinala que “las distintas unidades de esta especialidad cuentan con un número de funcionarios acorde a las necesidades que se derivan de las cargas de trabajo”; mentres que no que respecta ao menudeo de drogas, indica que “la labor policial ha dado lugar a la realización de varias operaciones contra el tráfico de
drogas, a pequeña/mediana escala, efectuadas por la Policía Local en Ribeira con gran éxito”; por outra parte, encomenda as funcións de estranxeiría aos propios axentes da Policía Nacional sen facer ningún tipo de mención a creación dun grupo propio (en caso de ser necesario, sinala, contaría co reforzo da Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras e da Comisaría Xeral de
Estranxeiría e Fronteiras).

Ningunha alusión no escrito de resposta a que, cun único axente desempeñando simultaneamente os servizos da ODAC, seguridade e custodia de detidos, resulte suficiente para cumprir a citada instrución 4/2018 da Secretaría de Estado de Seguridade, sobre o Protocolo de actuación policial nas Áreas de Custodia de Detidos.

Manuel Ruiz precisou que seguirá interpelando ao Goberno en relación á Comisaría ribeirense e ás necesidades dun grupo de funcionarios que, pese ás carencias de persoal, está a desempeñar un encomiable labor en beneficio de toda a cidadanía do municipio.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.