O lugar do Campo-A Angustia conta co parque infantil renovado e o biosaudábel acondicionado

19 Xaneiro 2024

O parque infantil do Campo-A Angustia loce aspecto renovado trala intervención realizada pola Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal a finais de 2023.

As tarefas consistiron na substitución das anteriores lousas de caucho pola extensión de novo polímero antiesvarante en dúas cores, na reparación do peche perimetral, no arranxo de mobiliario urbano e na subministración de infraestruturas de xogos: unha randeeira mixta e un equipo combinado. A maiores, acondicionáronse os elementos que conforman a zona biosaudábel contigua.

Trátase dunha actuación focalizada, segundo explica a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, na mellora dos espazos de lecer destinados ás crianzas; neste caso, situado nas inmediacións da escola infantil do lugar para o desfrute tamén dos/as escolares, o cal se complementa coa acción de mantemento do parque biosaudábel para contribuír ao envellecemento activo das persoas maiores.

O investimento ascendeu aos 21.730’18 euros, IVE incluído, a cargo do remanente da Tesouraría, e a empresa Jardinería Arce S.L. realizou o conxunto dos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.