O dispositivo de recollida de pellets do Concello de Ribeira e o voluntariado xa apañou 68 sacos de bólas plásticas nas praias

08 Xaneiro 2024
Traballos despregados na praia do Vilar, co alcalde á dereita da imaxe

O Concello de Ribeira achegou en Facebook un pequeno balance dos traballos que está a facer o Goberno local en colaboración con outras entidades locais e o voluntariado para frear a marea plástica de pellets cos seus propios medios, sen recibir, segundo teñen sinalado, “axuda algunha da Xunta”. O Concello explica que dende o día 13 de decembro o Servizo de Atención ás Emerxencias Municipal, en coordinación co servizo de limpeza viaria (Urbaser), está a levar a cabo tarefas de recollida e limpeza de sacos e bólas plásticas nos areais de termo municipal, que se atopan entre os máis castigados pola contaminación. No aviso recibido na devandita xornada do 13 polo dito Servizo a cidadanía alertaba da aparición de sacos nas praias de Balieiros e Espiñeirido, entre outras.

Voluntariado reunido este domingo no Vilar

No seu balance o Concello lembra tamén que o pasado domingo 7 de xaneiro achegáronse unhas 500 persoas voluntarias á praia do Vilar para colaborar nas tarefas de limpeza, tarefas que dende o Goberno local agradecen encarecidamente, engadindo que “precisamos de todas as institucións públicas para facer fronte a esta catástrofe ambiental”. Ademais, recomendan que se vemos algún saco na costa de Ribeira mandemos o aviso ao teléfono 689 781 863.

No balance do Concello faise saber que xa foron recollidos, a día de 8 de xaneiro, 68 sacos recollidos.

Ademais, o alcalde de Ribeira foi especialmente crítico dende a rede social X coa visita deste luns a Aguiño da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visita motivada para comprobar a presenza de plásticos no Parque Nacional das Illas Atlánticas: “Hoxe estivo en Aguiño a conselleira de Medio Ambiente. Nin nunha crise ambiental como a que vivimos, con millóns de boliñas de plástico estendidas pola costa, tiveron a decencia de avisar ao Goberno local para unir esforzos e coordinar a retirada do material contaminante. Vergoña”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...