“Do Comanche aos polímeros e uns pellets que seguen ao garete no mar”. Antón Luaces

12 Xaneiro 2024

Hai unha especie de tregua entre a Xunta e o Goberno central na polémica suscitada polas responsabilidades de cada quen en relación cos pellets que se perden no mar ou varan nas praias de Galicia (tamén nas de Asturias, Cantabria e Euskadi). Mais en ningún caso pode dicirse, a día de hoxe, que exista un acordo de colaboración asumida por ambas as partes. En último caso, a demanda do presidente galego, Alfonso Rueda, para utilizar un robot (rov) que permita localizar e selar o contedor supostamente afundido no mar, non vai ter maior percorrido porque este rov (denominado Comanche) non pode actuar na profundidade na que teóricamente se atopa o contedor (aproximadamente uns 2.000 metros). O empeño do goberno galego tiña (ten) como obxectivo saber se aínda quedan sacos de pellets no interior dese contedor.

Os pellet que “navegan” ao garete polo Atlántico ibérico e o Cantábrico son un polietileno -como xa informara O Barbanza- que, na súa composición de aditivos, leva un composto estabilizante de luz ultravioleta. É dicir: un protector da degradación pola acción solar que cadraría coa ficha técnica dada sobre o material recolleito.

É a conclusión, en primeira instancia, de Soledad Muniategui, catedrática de Química Analítica na Universidade da Coruña (UDC), explicada na Sexta Tv., após un estudo por ela feito sobre a composición dos pellets que seguen a chegar ás costas de Galicia e as das outras comunidades do Cantábrico. 

O devandito protector da degradación pola acción solar é o Tinuvin 622, un pó incoloro e inodoro moi usado na fabricación de plásticos porque contribúe a prever a degradación dos polímeros. Está presente na maioría dos disolventes orgánicos e ten, segundo a autora do informe, “unha baixa solubilidade na auga”, motivo polo que, afirma, os pellets que chegan ás praias de Galicia “terán máis dificultades de se liberar ao medio acuático”. 

Por outra banda, e coincidindo en boa medida co xa sinalado, o grupo Ecotox da Universidade de Vigo abunda en que os pellets teñen como polímero máis cotián o polietireno, totalmente inocuo, que contén entre un 10 e un 13% dun aditivo químico empregado como estabilizador ultravioleta: UV 622 (número CAS 65447) que, á súa vez, é un polímero non biodegradable con dous compoñentes: un ácido orgánico sen problemas a nivel toxicolóxico e unha sustancia  da familia das aminas aromáticas que lle dan as súas propiedades antioxidantes, sustancia clasificada pola European Chemical Agency como de toxicidade crónica en exposicións prolongadas, que no  é o caso nuns labores de limpeza circunstanciais. En resume: pouco tóxica, e menos aínda en costas abertas.

O mesmo grupo ECOTOX realiza probas de toxicidade con modelos representativos de fitoplancto e zooplancto.

Segundo a Comisión Europea, cada ano se rexistran manipulacións estimadas nuns 57 millóns de toneladas de pellets na UE, polo que no ano 2019 foron parar ao medio ambiente entre 52.140 e 184.290 toneladas (entre 2.100 e 7.300 camións ao ano), cuestión pola que a presión contra a contaminación por  microplásticos vai a máis no seo de, por exemplo, a comisión  de Medio Ambiente do Parlamento Europeo.

O obxectivo primordial é limpar de pellets liberados para, deste xeito, limitar o seu impacto nun 74%. Así se presentou ao Consello da UE, se ben non inclúe o transporte marítimo debido a que o transporte internacional excede as competencias comunitarias.

O Consello debe analizar os textos en grupos técnicos antes de o levar a debate entre os ministros competentes para fixar unha posición e negociar posteriormente na Eurocámara. 

Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores dixo en TVE que “o plástico  vertido nas costas de Galicia, Asturias e Cantabria, é un problema que nos preocupa e se suma ao xa existente: a presenza de plásticos que chegan aos nosos mares e océanos”·

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...