“Cultura e música en Noia” – Carlos Moledo

30 Xaneiro 2024

Cobran especial relevancia para estas liñas os repetidos e merecidos homenaxes celebrados datas atrás na nosa vila co motivo de conmemorar e manter presente a música e o legado do que un día foi uns dous grupos máis coñecidos de toda Galicia, Los Tamara, con éxitos de seguro gardados con moito afecto na memoria colectiva da nosa vila. Esta cuestión é unha clara constatación de que a música, como parte fundamental da cultura, sempre estivo presente na sociedade noiesa. O citado grupo é un exemplo máis da capacidade de articular melodías que esta “Noia, país de alegría” -como a defineu Paz Carbajal nunha das súas obras máis coñecidas e case convertida en himno popular- conxuga en tantas e boas mostras de persoas, grupos, asociacións e institucións que continúan coa súa vocación de promover a cultura musical en grande variedade de xéneros.

Vocación que a Banda de Música de Noia segue mantendo a día de hoxe, coa interpretación de moi diverso repertorio, e que finalmente se acaba por consagrar como a banda sonora na vida de tantos veciños da vila. Pois dende as alboradas nas festas, as procesións ou nos concertos do verán, remata esta institución por formar parte viva da nosa veciñanza. Un camiño que comezou fai moitas décadas e que este ano, concretamente o 15 de abril, cumpre 40 anos ao servizo cultural da nosa vila. Dende entón, cambiaron as directivas, os directores, os músicos e tamén o ánimo colaborativo de certa parte do Concello. Unha institución que naceu co patrocinio da área cultural da Corporación naquel momento de inicio para chegar aos nosos días cunha actitude manifesta de menosprezo e pasotismo.

Resultaría inconcibible, a día de hoxe, que o titular de Deportes negásese por calquera cuestión a xestionar ou subvencionar a un determinado club deportivo. A todos se nos antolla lóxico que a Concellería de Deportes, como ben leva facendo nos últimos mandatos -e sirva de exemplo-, axude e financie a todos os clubs, pois remata sendo responsabilidade súa como parte da Administración Pública o colaborar con esas asociacións deportivas. De seguro media vila -fervorosa oposición incluída- se levaría as mans á cabeza se estas axudas non se producisen, e con razón. Pois esta paradoxal e ridícula situación é o que está a acontecer coa área de Cultura -NO.I.A.- e a Banda de Música. Menos mal que nos amparan os acertos e a comprensión da Concellería de Eventos -PP-, e grazas -aproveito-. Pero non son formas de facer as cousas.

Por continuar o paralelismo cos clubs deportivos, a canteira, igual que no fútbol, para as bandas de música é unha cuestión fundamental. Ante isto, é importante sinalar dúas cuestións: por unha banda, a negativa da área de Cultura, logo de andar enredando coa directiva da agrupación musical -que se si e que se non- sobre a creación dunha escola de música da banda. E pola outra, a clara vontade da Sociedade Liceo de Noia de colaborar nesta prometedora iniciativa.

Por fortuna, ante a manifesta negativa de quen ten o deber social de levalo a cabo, encontrámonos cos brazos abertos dunha das institucións cívicas máis importantes de Noia ao longo do case último século. Unha sociedade recreativa e apolítica que destaca en toda Galicia pola programación ofertada e a clara vocación coa cultura, que ven de moitas décadas atrás e que realmente constitúe a primeira e máis destacada institución noiesa a prol da súa defensa e promoción. Unir forzas a pesar dos atrancos entre dúas institucións culturais coa didáctica intención de promover a afección musical entre a xente de Noia, de modo singular entre nenos e mozos, pon en evidencia que fronte aos formalismos e sectarismos da Concellería de Cultura, a sociedade civil de Noia segue viva, amante da cultura e sendo fiel á tradición musical que sempre foi un elemento cultural de primeira liña na nosa vila. E nese esforzo atoparán á Banda e ao Liceo, non aos culturetas independentes.

Outros artigos

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...

+

“Lecciones de una tragedia” – José Antonio Constenla

Me gustaría escribir sobre otro tema, pero me siento inclinado a ello por la enorme tristeza por la desolación provocada por la DANA, en Valencia, pero también en Albacete, Cádiz, Huelva, Sevilla, Castellón... Resulta difícil evitar pensar en lo que estamos viviendo....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión