Todas as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT), sexa cal for o seu ámbito de cobertura, terán que comezar a emitir de forma obrigatoria en alta definición (HD) a partir do 14 de febreiro de 2024, polo que desaparecerán as canles en calidade ou definición estándar (SD), que quedarán fóra do espectro radioeléctrico e non se poñerán sintonizar.
O cambio consolidarase de maneira progresiva, xa que todas as canles deberán evolucionar as súas emisións á alta definición antes do 14 de febreiro.
Os televisores máis antigos, en cambio, poderían carecer desta posibilidade, polo que debería considerarse a posibilidade de adquirir un dispositivo novo que sexa compatible coa tecnoloxía HD ou ben un decodificador ou sintonizador con capacidade HD. Estes dispositivos conéctanse ao cable de antena e ao televisor e permiten recibir o sinal de TDT en formato de alta definición.
Como resintonizar as canles
Se o dispositivo é compatible e permite ver a TDT en alta definición, haberá que reordenar as canles, para o que a Secretaría de Estado elaborou unha guía. Así mesmo, se se recibe o servizo por TDT vía satélite (TDTSAT), tamén é necesario comprobar que estea preparado para recibir HD.
Nos casos en que os usuarios reciben o servizo TDT a través de satélite, con decodificador que só permite a recepción en definición estándar (SD), é necesario contactar cunha empresa instaladora de telecomunicacións rexistrada para que lle instale un decodificador en HD e, desta forma, continuar vendo as canles de televisión, como lembrou a Federación Nacional de Empresas de Instalacións Eléctricas, Telecomunicacións e Climatización de España (FENIE).
Que é o HD?
O concepto de alta definición fai referencia á resolución das pantallas (número total de píxeles que poden ser mostrados). Deste xeito, as pantallas de HD contan, como mínimo, con 1.280 píxeles horizontais por 720 píxeles verticais, e ofrecen imaxes de boa calidade nas pantallas utilizadas habitualmente no fogar, facendo que os píxeles sexan imperceptibles de lonxe.
A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais elaborou material informativo sobre o cesamento das emisións e contou coa colaboración da Federación Nacional de Empresas de Instalacións Eléctricas, Telecomunicacións e Climatización de España (FENIE).