Catro funcións compoñen o cartel dunha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado da Pobra

04 Xaneiro 2024

A Pobra do Caramiñal dedicará a metade do mes de xaneiro e máis a primeira semana de febreiro á Mostra de Teatro Afeccionado que regresa ás táboas do Elma con catro novas pezas. O departamento de Cultura do Concello informou que “do mesmo xeito ca en anteriores ocasións, para facilitar a asistencia do público, as compañías subirán ás táboas ós domingos, ás 19.00 horas, e o acceso é de balde”.

Este cartel constata, nas palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, “a aposta por teren cabida tamén compañías galegas que, se ben son de tipo amateur, gozan dunha gran vitalidade nas artes escénicas. Desta vez contaremos con tres asociacións culturais e un instituto.” Trátase dun ciclo que, novamente, chega coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A programación arrancará no día 14 coa compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, con Arsénico por compaixón. Esta peza leva á escena a historia dunha parella recentemente casada que inicia a súa lúa de mel e fai unha parada na casa duns familiares que, segundo despois descubrirán, practican unha caridade pouco ortodoxa: matan por compaixón as pobres almas desamparadas e solitarias deste mundo.

Xa no día 21 será a quenda de A casa da pantasma coxa, a cargo da Asociación Cultural Faíscas, de Arteixo. Unha casa con cuartos para turistas presenta unha peculiaridade para atraer visitantes: unha lenda que conta que no edificio vive unha pantasma coxa. A vida no inmoble familiar mesturarase coa chegada de persoas foráneas.

A Asociación Cultural Quemaisten Teatro, das Pontes, chega no día 28 con Sainetes, composicións breves ou longas, xeralmente nun acto e de temas humorísticos, que reflicten os costumes populares e que se representaban antigamente a continuación dunha sesión de teatro. Os aquí presentes son obra do dramaturgo contemporáneo José Cedena, con O parque de María Risa; Peporro o do porro e os seus amigos da segu; A consulta do doutor Melquiades; e Un palillo pal diente.

O cartel chegará á súa fin no 4 de febreiro con Luces, cámara… CAOS!, da man de Teatro das Maniotas, do IES Brión. Baixo a dirección de Ari Álvarez e Loly Santos, este novo proxecto adentrarase no frenético mundo da produción audiovisual, que descoñece o elenco, así que todo o parecido coa realidade será ficción.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.