O Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Rianxo, concesión de Concello, lanzou unha campaña na que anima á veciñanza a “facer realidade o propósito de poñerse en forma neste novo ano que comeza”. O centro deportivo, xestionado pola empresa BeOne Rianxo, fai deste xeito un convite xeral a “reactivarnos tralo Nadal”, unha época de xuntanzas con amigos e familiares na que adoitamos caer en excesos, polo que é recomendábel volver a “un estilo de vida saudábel”. .
Para axudar a conseguir este obxectivo, BeOne puxo en marcha unha nova campaña baixo o reclamo Hoxe vou!. Unha mensaxe que incentiva a comezar a poñerse en forma, esta vez, dunha vez por todas.
A matrícula é gratuíta ata o 31 de xaneiro para todos aqueles que queiran inscribirse no centro. Ademais, seguindo co compromiso que ten BeOne coas familias, estas contarán con vantaxes especiais no seu abono. Para máis información sobre esta campaña pódese consultar a web www.beone.es/hoyvoy.
Piscina, sala fitness, spa e salas de actividades dirixidas; son algunhas das zonas deste centro deportivo. “Esta variedade de espazos”, informan dende BeOne Rianxo, “permite que todos atopemos o deporte que mellor se adapte ás nosas necesidades e demandas”. Nestes espazos desenvólvense numerosas actividades dirixidas como pilates, dance, golbal work ou global balance. Dispoñen tamén de servizos adaptados aos máis pequechos, como a escola de natación ou as actividades infantís.
Para máis información, Departamento de Comunicación de BeOne. marketing@beone.es.