Amplíado ata o 15 de febreiro o prazo para depositar o voto por correo polas eleccións galegas

25 Xaneiro 2024

A Xunta Electoral Central (JEC) acordou ampliar ata o próximo 15 de febreiro o prazo para depositar o voto por correo para as eleccións que se celebrarán en Galicia o próximo 18 de febreiro.

a JEC aproba a proposta realizada por Sociedade Estatal Correos e Telégrafos e amplía nun día o prazo de depósito do voto por correo, ata o 15 de febreiro, para todos os electores que se atopen en España nos horarios habituais de apertura de ofícialas de Correos.

En concreto, os electores que decidan votar por correo poden solicitar ata o día 8 de febreiro (inclusive) o certificado de inscrición no Censo Electoral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral en Galicia, quen enviará aos solicitantes, a partir do 29 de xaneiro de 2024, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...