A nova edición da mostra de teatro afeccionado da Pobra chega á súa fin coa función “Luces, cámara… CAOS!”

29 Xaneiro 2024

Catro semanas de teatro afeccionado na Pobra do Caramiñal chegan á súa fin no mes de febreiro.

Organizada pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, esta programación busca, nas palabras da edil Patricia Lojo, “outorgarlles o seu espazo a compañías amateur con moi bo facer nas artes escénicas. Nas anteriores semanas subiron ás táboas asociacións culturais e será un instituto o cal lle poña o broche de ouro ao cartel.”

Teatro das Maniotas, do IES Brión, pechará este ciclo coa peza Luces, cámara… CAOS! Será no domingo 4, ás 19.00 horas, no Elma. Baixo a dirección de Ari Álvarez e Loly Santos, este novo proxecto adentrarase no frenético mundo da produción audiovisual, que descoñece o elenco, así que todo o parecido coa realidade será ficción.

A entrada é libre ata completar a cabida da referida instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...