A ABE realiza o segundo sorteo da súa Campaña de Nadal

08 Xaneiro 2024

Este luns 8 de xaneiro celebrouse na sede da patronal boirense (ABE) o segundo dos sorteos da Campaña de Nadal 2023-2024 da asociación. Sorteáronse 500€ en bonos ABE e 2 lotes de produtos da Praza de Abastos de Boiro. Rexistráronse 2.535 tíckets de compra entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro. A ABE informou que “aínda restan dous sorteos da campaña, un deles cun premio de 1.000€ para un único gañador”.

Vindeiros sorteos

Sorteo Cartas Reis Magos – Martes 9 de xaneiro

3 lotes de xoguetes

Sorteo Costa de xaneiro – luns 15 (Tíckets rexistrados do 5 de decembro ao 14 de xaneiro)

1.000€ único gañador

Para participar os clientes deben rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE. Para o sorteo final da costa de xaneiro do día 15 cun premio de 1.000€ para un só gañador son válidos os tíckets rexistrados dende o 5 de decembro de 2023 ata o 14 de xaneiro de 2024.

Catálogo de premios

A patronal lembra que todos os tíckets e facturas que se rexistren durante a campaña tamén acumulan o 10% do seu importe para cambiar por agasallos do catálogo de premios da ABE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.