Un home resulta ferido de gravidade tras caer da súa bicicleta en Boiro

02 Decembro 2023

 Un home tivo que ser evacuado en helicóptero ao resultar ferido de gravidade tras caer da súa bicicleta na parroquia boirense de Abanqueiro.

A alerta chegou ao 112 Galicia a través da chamada dun particular, quen dez minutos despois das 10 horas indicou que o implicado precisaba asistencia sanitaria urxente tralo accidente, rexistrado na parroquia boirense de Abanqueiro.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil.

Instantes despois, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que o ferido foi finalmente evacuado ao hospital de referencia.

Por último, os efectivos de Protección Civil encargáronse de realizar a limpeza da vía, que permaneceu cortada durante os traballos.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.