Máis de medio cento dos participantes no campamentos Nadal Concilia de Ribeira organizado pola Concellería de Cultura visitaron hoxe á mañá a sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas para ver a mostra do XVII Premio de Arte Gráfica Jesús Núñez da Deputación que poderá visitarse ata o 13 de xaneiro de 2024. Realizaron debuxos acompañados polas edís de cultura e educación, Antía Alberte Maneiro e Cruz Rivadulla e a continuación desprazáronse á praza de Porta do Sol para participar algúns deles no programa da TVG “A cabina máxica” que se gravou na nosa cidade e se emitirá próximamente durante as datas do Nadal. Os cativos que acoden a este campamento dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, teñen idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos e realizan actividades multidisciplinares nas instalacións do CEIP O Grupo de 8:30 a 14:30 h.
A concelleira manifestou que resulta gratificante compartir tempo cos nenos e ver como gozan da arte e a cultura ao tempo que de divirten neste tipo de actividades e desta forma se contribúe tamén a favorecer a conciliación das familias ribeirenses; tamén anunciou que o 5 de xaneiro realizarán un pequeno festival no propio colexio onde recibirán un diploma e caramelos dos Reis Magos tras interpretar distintas panxoliñas. Aproveitou a ocasión para desexarlle aos miniños e as súas familias unha boa entrada no Aninovo 2024.
Fin de semana pasado por chuvia localmente forte
Na xornada do sábado pola mañá teremos precipitacións febles e persistentes na franxa atlántica. Co avance da tarde as precipitacións iranse intensificando e xeneralizándose pola noite, terán intensidade localmente forte. As temperaturas mínimas sen cambios e as...