SEA pecha o ano con dúas novas operacións en dereito de superficie en Muros e Catoira

29 Decembro 2023
Beatriz Sestayo co responsábel de Insuapesca

A sociedade Solo Empresarial do Atlántico (SEA) fixo realidade este 29 de decembro dúas novas operacións nos
parques empresariais de Muros e Catoira. Trátase de dous acordos que, en palabras da xerente de SEA, Beatriz Sestayo, “afianzan o dereito de superficie como unha excelente opción para as compañías, que dispoñen da posibilidade de ocupar parcelas industriais con todos os seus dereitos durante 30 anos en réxime de alugueiro, pero beneficiándose da oportunidade de mercar a superficie que ocupan no primeiros cinco ou dez anos se así o decidisen”.

Segundo explicou, o dereito de superficie facilitou a implantación dun bo número de empresas durante 2023 nos polígonos industriais xestionados por SEA. É o caso da compañía Insuapesca, dedicada á comercialización de peixes e mariscos, que construirá as súas novas instalacións no Parque Empresarial de Muros tras asinar este venres un acordo con SEA.

Pola súa banda, Loxística Garmou tamén se beneficiou desta modalidade que lle permitirá ocupar unha parte da superficie do Parque Empresarial de Catoira.

Sestayo coa responsábel de Loxística Garmou

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.