Sábado con nubes e claros con chuvascos cara a noite

29 Decembro 2023

Galicia quedará durante o sábado na influencia dunha borrasca centrada ó oeste de Irlanda. Unha fronte asociada a esta baixa, atravesará a Comunidade na noite do sábado ó domingo. Isto deixará ceos máis nubrados no sur e no oeste. Durante o día agárdase algún chuvasco ocasional, pero xa pola noite teremos chuvias máis persistentes e xeneralizadas co paso da fronte. As temperaturas manteranse sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur, aumentando en intensidade na segunda metade no día, cando acadarán intervalos fortes no litoral da Coruña.

Atención para sábado 30: Refachos superiores aos 80 qm/h a partir da tarde no litoral e zonas altas do interior

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá, media vaga á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.