“Por algo sería”.Luís Celeiro

14 Decembro 2023

Foi, como outros centos de miles foran no mesmo ano, peregrinando a Compostela, seguindo os pasos dos anteriores, seguindo a guía dos devanceiros e falando coa mirada, como falaban eles, coa expresión nas meixelas e nas meniñas dos ollos. Daqueles ollos grande e abertos que o vían todo e que todo o contaban, para que o mundo soubera onde estaba Galicia e Santiago de Compostela, alá ao lonxe ou aquí cerca, no fin da terra.
Eran peregrinos que camiñaban guiados pola estrela, sostidos pola fame e acompañados da miseria, da noite e da soberbia daqueles que os maltrataban e os humillaban, dos que eran sen alma e tiñan o corazón encollido. Pero, ao longo de tantos séculos, os peregrinos abriron Camiño, trouxeron riqueza, expandiron culturas, como se fosen sementando nabiña, no inverno, e trigo ou centeo, no seu tempo.
Así foron andando máis de mil anos, e seguen na mesma, con paso de romeiros, coa ledicia de chegar e de ver aquel lugar onde non se acaba nada, onde está a meta e o punto para volver empezar, para seguir camiñando polo Camiño e pola vida, por onde todos andan e miran, coa satisfacción de ver, de escoitar e de entender.
Galicia é a terra do Camiño, vén por Ribadeo, pola Fonsagrada, polo Cebreiro do alto de Pedrafita, polo Barco de Valdeorras, por o Porto da Canda e A Gudiña; cruza o Miño e entra cara a Santiago por Tui ou trae aos peregrinos polo mar, polo coñecido e recoñecido Camiño Inglés, como se fose un funil que arrexunta aos transeúntes que pisaron terra, en Hospital de Bruma, a poucos quilómetros da casa grande do apóstolo, ao que queren abrazar.
E, despois de chegar, que? O mesmo preguntaba Uxío Novoneyra, coa súa voz e intelixencia poética, no libro “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas” (1999), “En chegado a Santiago / e logo despois qué fago? / En chegado a Compostela / e despois de vela a ela?”. Pois nada, uns volven satisfeitos para o lugar de onde partiron, outros seguen polo Camiño para ver o mar e abrazar ao solpor en Fisterra ou en Muxía. E outros pensan na importancia deste Camiño de Santiago, que cumpre trinta anos como Patrimonio Mundial.
Como moi ben di a Tía Manuela, se a Unesco declarou ao Camiño de Santiago Patrimonio Mundial (Patrimonio da Humanidade), ao remate do Xacobeo 93, “por algo sería”. Foi o dez de decembro de 1993, na cidade colombiana de Cartagena de Indias, e, nese mesmo ano, o dezasete de maio, os ministros de cultura dos países membros da Unión Europea, reunidos en Bruselas, outorgáranlle ao Camiño a distinción de Patrimonio Cultural Europeo. Si, o Camiño de Santiago é un símbolo de identidade, un espazo moi grade de cultura e de saber, un espazo no que tamén se agranda Galicia.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...