O Concello de Ribeira mellorará a seguridade viaria nos pasos de peón na avenida da Coruña

07 Decembro 2023

O Concello de Ribeira vén de adxudicar o proxecto para mellora da seguridade viaria nos pasos de peón na avenida da Coruña, a principal vía de entrada na cidade. Fíxoo cun orzamento de licitación de 88.425,19 euros. O proxecto, que se realizará nun prazo de 20 días, inclúe a realización dunha serie de actuacións de obra civil e a instalación de luminarias LED, radares pedagóxicos de alimentación solar para vehículos e balizas LED lonxitudinais encaixadas na beirarrúa.

Segundo informou o Concello, o propósito desta obra é o de “reducir a sinistralidade de peóns e ciclistas, por mor da análise realizada da sinistralidade por parte da Policía Local de Ribeira, que identificou 4 localizacións prioritarias onde se debe actuar”.

O alcalde Luís Pérez Barral explicou que estas localizacións están emprazadas ao longo da avenida da Coruña, nos números 149, 92, 82 e 6. “Instalaranse luminarias especificamente deseñadas para garantir unha óptima visibilidade nos devanditos pasos de peón e tamén se repintará cada paso de peón con pintura branca antiescorregadiza”, engadiu o rexedor.

Esta actuación está contemplada na acción A02 do proxecto Máis Ribeira Atlántica 2020 que posteriormente pasaría a agruparse na A12 (Modernización da Administración e Smart Village Ribeira), co-financiado nun 80% por fondos FEDER, dentro do Programa Operativo de Crecemento Sustentábel (POCS) 2014-2020, actualmente integrado no Programa Operativo Plurirexional de España (POPE).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...