O Concello de Ribeira aproba as tarifas reducidas do estacionamento do Centenario

27 Decembro 2023
A sesión plenaria deste mércores nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

O Concello de Ribeira aprobou en pleno a ordenanza reguladora dos prezos públicos do servizo de estacionamento de vehículos do aparcadoiro subterráneo municipal do Centenario. Fíxoo na sesión plenaria deste mércores 27 de decembro, na que tamén foi aprobado o regulamento de réxime interno de dito parking, tras a desestimación das alegacións presentadas polo Partido Popular.

Respecto destas alegacións, a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, destacou que as alegacións “presentadas no último momento polo Partido Popular, o único que fixeron foi adiar o intre en que a veciñanza poida desfrutar dos prezos reducidos durante as datas do Nadal”. Ademais, dixo, a proposta económica do equipo de goberno “é un 26% máis barata que a proposta do PP”.

Pola súa banda, o concelleiro Xabier Vidal sinalou que “grazas ás tarifas que este Goberno vai aprobar, Ribeira contará cun dos aparcadoiros máis baratos de toda a provincia da Coruña e o máis barato da Barbanza. Por 2 horas de estacionamento, cobrarase menos de 1,5€ e se consumimos no comercio local, haberá 30 minutos de desconto adicional”. E engadiu: “Facer un estacionamento de xestión privada no seu día foi unha decisión errada como se demostrou ao longo do tempo”.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral, sinalou que “tivemos que convocar este pleno extraordinario para desestimar unhas alegacións que o único que impedirían sería a rebaixa desas tarifas do Centenario durante un mes, sobre todo cando estamos en plena campaña de Nadal e seguidamente das rebaixas”. E concluíu: “Tivo que chegar un equipo distinto ao Concello para que poidamos paliar a falta de estacionamentos que a día de hoxe ten Ribeira e así o estamos a facer mediante a municipalización do Centenario pero tamén coa creación e mellora doutros estacionamentos disuasorios”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.