O Cantón da Leña convértese nun mercado de Nadal a ceo aberto

05 Decembro 2023

A iniciativa De tendas no Nadal desenvolverase nesta época festiva no Cantón da Leña da Pobra e contará coa participación de oito postos do comercio de proximidade dedicados, principalmente, á artesanía, moda e alimentación; representados no acto de presentación (celebrada este martes 5 de decembro) por Estrella Lijó, de Mil colores; David Pérez, de Noites de Datura; Jessica Mello, de Arte creativa; e Alba Fernández, de AmarAMares.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, indicou que se pretende outorgar así un escaparate a negocios que non contan cun local ao uso e que se establezan sinerxías cos establecementos do núcleo urbano. Ademais, indicou que o Concello pon a disposición do tecido asociativo un espazo como sucedeu xa coa Protectora Moura e como fará na fin de semana a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que impartirá obradoiros de traballos manuais e decoración, nos días 14 e 20, respectivamente.

No que respecta ás actividades de dinamización, está programada a actuación de Os monifates, no día 9, dende as 18.00 ata as 19.00 horas, e un photocall Disney e xogo da ruleta, no día 28.

Os postos permanecerán ata o 5 de xaneiro co seguinte horario de apertura: de luns a xoves, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00; nos venres e sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas; e nos domingos, de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.