Morre un home ao caer ao mar co coche no peirao boirense de Escarabote

23 Decembro 2023

Bombeiros Boiro

Un veciño do concello de Boiro, de 32 anos, faleceu esta noite despois de precipitarse ao mar o coche que guiaba. Ocorreu no porto de Escarabote.

Un particular avisou de que un coche se precipitara á auga dende o alto do peirao, e aínda que un mergullador local tratou de chegar ata o vehículo, finalmente non se puido rescatar o condutor con vida.

Horas máis tarde os especialistas en actividades subacuáticas da Garda Civil axudaron a estabilizar o vehículo para poder recuperalo coa axuda dun guindastre e recuperar o corpo do falecido. A Garda Civil de Tráfico investiga as circunstancias do sinistro.

O único ocupante do vehículo faleceu ao caer o turismo ao mar e quedar somerxido na auga uns 4/5 metros no porto de Escarabote, en Boiro (A Coruña).

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 23:15 horas da noite mediante a chamada dun particular. No seu relato indicaba que un vehículo acababa de caer ao mar no porto de Escarabote.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Padrón e ao GAEM de Ribeira e aos membros de Protección Civil de Boiro.

Con todo, o lamentable suceso sáldase cun tráxico final, unha vítima mortal. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean ao suceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.