Mércores 6 con nubes e claros e entrada de chuvias pola tarde

05 Decembro 2023

Este 6 de decembro, Día da Constitución, teremos unha xornada de ceos nubrados, con nubes de tipo medio e alto e con chuvias, que entrarán polo oeste co avance da tarde e se iran xeneralzando e intensificando pola noite. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán de compoñente sur, incrementando a súa intensidade a fortes co avance da tarde.

Atención para mércores 6: Refachos superiores aos 80 km/h no noroeste de Galicia cara á noite.

ATENCION O XOVES: Xornada marcada polo paso dunha fronte activa que arrastra moita humidade. Agárdase un día de ceos moi nubrados con chuvias xeneralizadas e localmente fortes. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará do suroeste forte á primeira hora baixando de intensidade e virando a oeste pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.