Máis de trinta pobrenses formáronse en socioloxía, patrimonio e historia da arte cunha nova edición do Camiños de Coñecemento e Experiencia

14 Decembro 2023

Unha nova edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia chegou á súa fin nesta semana co tradicional acto académico realizado no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela.

Alí procedeuse coa entrega dos diplomas e o visionamento da peza teatral As vellas non deben namorarse, da compañía Airiños.

No total, 35 veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal participaron nesta acción formativa de democratización do coñecemento que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela (USC), orientada a maiores de 50 anos e que conta coa colaboración da Concellaría da Cultura.

A titular desta área, Patricia Lojo, remarca a importancia de seguir colaborando nestas iniciativas que, no caso do alumnado pobrense desta convocatoria, se traduciu na aprendizaxe en materia de socioloxía, patrimonio e historia da arte.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...