Domingo regresan as chuvias a partir do mediodía

02 Decembro 2023

Unha fronte irase achegando a Galicia durante este día, afectando xa a toda a Comunidade nas últimas horas da xornada. Con esta situación, agárdanse ceos con abundantes nubes no oeste, con apertura de claros ocasionais no resto. As chuvias comezarán xa pola mañá no oeste da Coruña e iranse estendendo ao resto da Comunidade pola tarde, acadando forte intensidade durante a noite. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados pola mañá, aumentando a forte no litoral e zonas altas a partir do mediodía.

meteogalicia

Atención para domingo 03

A presenza dunha borrasca ao noroeste de Galicia deixará forte vento no mar con intervalos de forza 8 entre A Guarda e Sisargas. En terra refachos superiores aos 80 km/h en zonas altas e no litoral.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 6 a 7 á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...