“Confesados”. Xulio Xiz

02 Decembro 2023

Novo goberno en España e nova presidencia en Arxentina, son puntos de referencia para a actualidade destes tempos, destacando a disparidade en canto á tendencia política dos gobernos, e a concordancia do impacto social e comezo de tempos novos en ámbolos dous paises, que se o de España nos afecta de xeito directo, o de Arxentina, quinta provincia galega, non pode sernos alleo.

Non concorda o tempo de escrutinio electoral nos dous procesos, xa que nas eleccións hispanas o resultado estivo no aire ata o final do reconto mentras nas arxentinas o entusiasmo dos vencedores non tivo que agardar moito, e o perdedor felicitou a Milei case no momento do peche dos colexios.

Enténdese que Arxentina, cansa de gobernos ineficaces para a solución dos graves problemas que a aqueixan, elixiu o que consideraría o mal menor, para que sexa un revulsivo que sacuda a economía e a vida do país tentando un cambio radical para mellor, confiando en quen ofrece privatizacións, dolarización e durísimos recortes, esgrimindo unha motoserra, créndose elixido por Deus para o salvamento da patria.

Milei na Arxentina vai ter moitas dificultades para cumprir o prometido na Campaña electoral, por depender das nacións veciñas, dos poderosos do morte e dos organismos supranacionais. En España, pola contra, as dificultades de Pedro Sánchez vanse centrar nos compromisos políticos, en comprometidas concesións, que nin tolo houbese ousado prometer na campaña electoral. Tendo en conta a fe cega de Milei, arxentinos e hispanos sempre podemos dicir que “Deus nos colla confesados!”.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.