
Coa conferencia Situacións de emerxencia e como actuar daba comezo a segunda das conferencias da XVIII edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. A sesión foi impartida por Isabel Moares Rei, traballadora do Servizo de Emerxencias 112. A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 100 persoas. A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. Ao final do acto, o relatora foi agasallada con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).
A vindeira conferencia celebrarase 14 de decembro deste ano, baixo o título Economía e Saúde, impartida por Adrián Dios Vicente, doutor en Económicas.
Con esta charla prosegurion as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes e as III Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da Universidade de Santiago).

Curso 2023-2024
A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro deste ano e maio do seguinte, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.
Logo da charla deste xoves 29 de novembro, o 14 de decembro volven as actividades de divulgación con Economía e saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, doutor en Económicas.
Os relatorios proseguen o 29 de febreiro de 2024 con O exceso de radon e a súa prevención, a cargo de Alberto Ruano Raviña, doutor de Medicina Preventiva – Máster de Saúde de Pública da USC.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.
O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.
As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.



