A Xunta destina 596.000€ en axudas aos concellos do Barbanza para financiar os seus servizos municipais

23 Decembro 2023

A Xunta de Galicia concedeu aos concellos da comarca do Barbanza axudas por valor de 596.000 euros para financiar os seus servizos municipais. En concreto, estas achegas están destinadas a “financiar a contratación de persoal, ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e á posta en marcha de programas de inclusión”.

A partida máis importante deste Plan Concertado irá destinada á contratación de persoal. Máis polo miúdo, co-financiase a contratación de 30.5 profesionais entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías que forman parte dos servizos sociais comunitarios, grazas a unha axuda de 519.000 euros nos 11 concellos desta área.

Dende a Xunta explican que o Plan Concertado serve para a apoiar ás corporacións municipais no desenvolvemento de programas de inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social, así como para a posta en marcha de programas de inclusión. Este ano, destínase a este cometido nos concellos da comarca do Barbanza un total de 64.616 euros.

Por último, a través deste plan a Xunta renova o seu financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico, ao que destina 12.604 euros para aquelas persoas que requiren especial atención.

COMARCA BARBANZA


BOIRO

Persoal 3

50.445,00 € (total persoal)

50.445,00 € (total)

 
CARNOTA

Persoal 1

16.815,00 € (total persoal)

16.815,00 € (total)

LOUSAME

Persoal 1.5

25.222,50 € (total persoal)

25.222,50 € (total)

MAZARICOS

Persoal 1

16.815,00 € (total persoal)

16.815,00 € (total)

MUROS

Persoal 2

33.630,00 € (total persoal)

33.630,00 € (total)

NOIA

Persoal 3

50.445,00 € (total persoal)

50.445,00 € (total)

OUTES

Persoal 2

33.630,00 € (total persoal)

1.900,20 € (xestión programas)

35.530,20 € (total)

POBRA DO CARAMIÑAL, A

Persoal 3

50.445,00 € (total persoal)

8.534,40 €

42.563,94 € (xestión programas)

101.543,34 € (total)

PORTO DO SON

Persoal 3

50.445,00 € (total persoal)

50.445,00 € (total)  

RIANXO

Persoal 2

33.630,00 € (total persoal)

8.000,00 € (xestión programas)

41.630,00 € (total)

RIBEIRA

Persoal 9

158.163,00 € (total persoal)

12.604,50 € (xestión programas)

174.385,50 € (total)

TOTAL COMARCA
596.906,54 €

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.