A Policía Nacional detén en Ribeira a un individuo como presunto autor de varios delitos de roubo con forza en igrexas

05 Decembro 2023

Sae do cárcere tras 13 anos e detéñeno por roubar en varias igrexas en Ribeira

Policia Nacional. Efectos recuperados así como útiles utilizados para a comisión do roubo

Axentes adscritos á Comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención dun home como presunto autor de varios roubos con forza cometidos en distintas igrexas parroquiais de Ribeira durante as últimas semanas.
Tras ser comisionados pola Sala do 091, alertando dun posible roubo na igrexa de Olveira, os axentes poden comprobar que se accedeu ao interior tras forzar a porta de entrada. Tras realizar unha batida, localizan ao presunto autor nas inmediacións, un home que portaba unha bolsa na man, na que levaba diversos efectos procedentes da igrexa, así como útiles para a comisión do delito. Por iso é detido por un delito de roubo con forza. Os efectos recuperados foron entregados posteriormente ao seu lexítimo propietario.
Así mesmo, ao detido impútaselle ademais a presunta autoría doutros roubos cometidos noutras igrexas parroquiais de Ribeira acaecidos nas últimas semanas .
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número Uno de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.