A Pobra continúa compartindo caramiñas e ilusión durante o Nadal

26 Decembro 2023

Unha semana máis, A Pobra do Caramiñal repartiu ilusión en formato de caramiñas coa acción dirixida ás redes sociais no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal.

As novas persoas agraciadas recibiron da man da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, cadanseu vale/caramiñas por un importe de 200 euros para trocar nos comercios e locais adheridos.

Ata finais de ano, as instantáneas poden seguir optando a acadar estes premios e, xa do día 1 ao 5 de xaneiro, entrarán no sorteo da viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa CONGALSA.

Para participar é preciso compartir as fotografías tomadas nos photocall coñecidos como Recunchos do Nadal nas historias do Instagram, que debe ser público, mencionando a conta @caraminhasnapobra.

Os ditos espazos están habilitados na Covecha, na praza de Galicia, na praza dos Irmáns Axeitos, no Mercado do Nadal, no parque de Raquel Fernández Soler, no Fogar do Nadal e na praza Victoriano García Martí.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...