
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o tenente de alcalde Vicente Mariño, xunto con Araceli Filgueira e Alex Millet, presentaron este martes 12 o concerto que a Orquestra Sons achegará no concello o vindeiro día 23 de decembro. Será na Lonxa nova de Ribeira ás 20:30 horas.
O concerto Sons do Nadal celebra así súa segunda edición coa colaboración do Coro da Escolanía de Santiago e coa presenza de 12 artistas locais de Ribeira no “corazón económico do municipio” segundo explicou o alcalde. A entrada será gratuíta ata completar aforo, que será de 500 persoas.
O rexedor destacou o esforzo económico do Concello para a organización dunha “ampla e diversa programación cultural para este Nadal que agardamos sexa do destrute de tódalas familias”.



