A Misela e Habanoia actúan este sábado 9 en Portosín en beneficio de Cáritas

04 Decembro 2023

Este sábado 9 de decembro a Casa da Cultura de Portosín vai acoller un concerto solidario de Nadal a cargo das agrupacións A Misela e Habanoia, a favor de Cáritas Interparroquial. O concerto dará comezo ás 19.30 horas. Os fondos recadaranse a través das doazóns das entradas. Poderán ser donativos ou alimentos non perecedoiros para a Obra Social de Cáritas.

A Misela é unha agrupación noiesa de música coral que centra a súa actividade nos sons iberoamericanos, poñendo o foco na música popular tanto da Península Ibérica como de América Latina.

Polo que se refire a Habanoia, é unha agrupación tamén noiesa que está constituída por un coro masculino que rende homenaxe á tradición das habaneiras e das cancións mariñeiras.

O concerto duplo a beneficio de Cáritas conta coa colaboración do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.