A ABE celebra o primeiro dos sorteos da súa Campaña de Nadal

22 Decembro 2023

Na mañá deste 22 de decembro celebrouse na sede da patronal boirense (ABE) o primeiro dos sorteos da Campaña do Nadal entre os 1.509 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 5 e o 21 de decembro.

A asociación destacou que en tan só 15 días rexistrouse a devandita cifra de 1.509 compras. No recadro que acompañamos podemos consultar a listaxe de gañadores.

Vindeiros sorteos

Sorteo 2 – luns 8 de xaneiro (tíckets rexistrados do 22 de decembro ao 7 de xaneiro)

§ 1 premio de 250€

§ 1 premio de 150€

§ 1 premio de 100 €

§ 1 Lote de produtos da praza de abastos

§ 1 Lote de produtos da praza de abastos

Sorteo 3 – Costa de xaneiro – luns 15 (Tíckets rexistrados do 5 de decembro ao 14 de xaneiro)

§ 1.000€ único gañador

Para participar os clientes deben rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE. Os tíckets do 22 de decembro ao 7 de xaneiro participan no sorteo 2 e todos os tíckets da Campaña de Nadal (do 5 de decembro ao 14 de xaneiro) participan no sorteo final da costa de xaneiro do día 15 cun premio de 1.000€ para un so gañador.

Catálogo de premios

A ABE lembra que todos os tíckets e facturas que se rexistren durante a campaña tamén acumulan o 10% do seu importe para cambiar por agasallos do catálogo de premios da Asociación Boirense de Empresarios.

Sorteo lotes de xoguetes, photocall e caixa de correos real para deixar as cartas

Recordar que a ABE ten instalado un photocall diante da Praza de Abastos, trátase dunha lona de mais de 2 metros na que as familias poden facerse fotos e depositar as cartas para Papa Noel e os Reis Magos.

Con todas as cartas depositadas ata o 5 de xaneiro realizarase un sorteo de 3 lotes de xogos. As cartas pódense recoller en calquera dos negocios participantes ou ben descargar e imprimir na casa dende a web da ABE.

Regalo de bolsas de algodón orgánico de comercio xusto

En paralelo ao sorteo os negocios asociados están entregando gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón orgánico, que contan coa etiqueta de comercio xusto fairtrade, serigrafadas a dúas cores co lema da patronal, o seu xa icónico “#SOMOS BOIRO”.

A Campaña do Nadal está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.