Unha muller foi excarcerada tras sufrir unha saída de vía e caer co seu coche por un desnivel en Rois

20 Novembro 2023


O 112 Galicia recibiu, minutos antes das 19:30 horas da tarde do domingo, a chamada dun familiar da ferida, quen tamén viaxaba no vehículo implicado. Este caeu por un desnivel localizado nas proximidades do centro de saúde, en Urdilde. Naquel momento, unha muller permanecía no interior do coche e requiría asistencia sanitaria.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Brión e de Padrón, á Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil de Rois.

Os efectivos do GES cortaron parte dun dos asentos do vehículo para liberar á muller, que foi evacuada en ambulancia ao hospital de referencia e, a continuación, procederon a limpar a vía, na que quedaran esparexidos diversos restos a raíz do accidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.