Galicia quedará na xornada do sábado baixo a influencia dunha profunda borrasca que se situará entre Galicia e Irlanda deixando un novo episodio de temporal de chuvia e vento. Os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias que se rexistrarán durante toda a xornada, máis intensas nas primeiras e derradeiras horas do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente oeste, moi forte no litoral e moderado con refachos fortes en terra.
Atención para sábado 04
Vento moi forte de compoñente oeste, con forza 8-10 no mar e refachos de máis de 80 km/h en terra e superando os 90-100 Km/h no litoral norte e zonas altas.Situación moi complicada no mar con ondas superiores aos 8 metros.

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 6 a 8. Media vaga á mañá e vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 7 a 8 metros á tarde e 8 a 10 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



