Ribeira, Boiro e Noia acollen este xoves un encontro de xestores culturais galegos

09 Novembro 2023

Ribeira, Boiro e Noia acollen este xoves 9 de novembro un Encontro de Xestores Cuturais da nosa terra. Será a partir das 9.30 horas, cunha saída en transporte colectivo dende Santiago de Compostela, e continúa ás 10.30 cunha visita ao Museo de Artes do Gravado (Artes, Ribeira) e ás 12.00 horas cun faladoiro sobre proxectos no Pazo de Goiáns.

A xornada vén da man da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Trátase dunha actividade abeirada á segunda quedada da xestión cultural que se celebra en Barbanza (Ribeira, Boiro e Noia).

Logo do xantar ás 14.30 horas, a delegación trasladarase a Noia, onde participará nunha conversa (no Coliseo Noela) con Juan Ramón Vidal, técnico de Cultura no Concello de Noia e director da Mostra de Curtas da vila noiesa. Ás 19.00 está programada a volta a Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.